Patricia Pérez Alonso, asinou un convenio marco co reitor da UVigo, Manuel Reigosa, coa finalidade de “achegarlle ás nenas e nenos ás posibilidades que a Universidade lles pode ofrecer para canalizar as súas capacidades intelectuais”.
Obradoiros, charlas formativas para pais e nais e asesoramento psicopedagóxico para as familias que o precisen, son as principais actividades que desenvolve Inventiva, que procura, a través do convenio marco asinado coa UVigo, que os nenos e nenas con altas capacidades poidan coñecer os laboratorios e instalacións onde o persoal investigador da Universidade desenvolve o seu labor, así como descubrir as diferentes especialidades que se imparten e mesmo establecer unha mentorización que permita “que os nenos e nenas poidan desenvolver as súas capacidades e mesmo fomentar vocacións”, sinala Patricia Pérez.
O convenio marco asinado entre a UVigo e Inventiva ten unha duración de catro anos.